17/6/13

Biscoito de iogur e nísperos

Non adoito comer moita froita a non ser en zumes, marmeladas ou batidos así que de cando en vez teño que engadila nalgunha receita pois dame mágoa deixala estragar ou que a coman toda os corvos que son os seus fans número un. Agora mesmo hai bastantes nísperos así que ocurríuseme facer un biscoito e unhas madalenas con eles, aproveitando tamén uns iogures que tiña a piques de caducar.





Precisamos:

- 2 ovos
- 2 iogures naturais
- 2 medidas (vaso iogur) de azucre
- 3 medidas de fariña de trigo
- 1 medida de aceite de oliva
- 1 sobre de levadura royal
- 1 pouco de manteiga para untar o molde
- 5 nísperos

ELABORACIÓN
Quecer o forno a 180 graos e untar a manteiga no fondo do molde.
Pelar os nísperos, cortalos en anacos e reservar.
Bater os ovos xunto cos iogures e incorporar a froita, bater ca batidora ata 
formar unha crema (tamén se poden deixar os anacos máis grandes,
neste caso incorporalos ao final de todo e enfariñados para que non baixen).
Incorporar o azucre, logo o aceite e seguir batendo.
Finalmente engádese a fariña mesturada coa levadura.
     Verter no molde e introducir no forno durante uns 20-30 min.

Boísimo, xa demos boa conta del!!
mmmmmmm ñam ñam*






No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Plugin for WordPress, Blogger...