3/9/17

*Carteira de man feitiña*

Tiña moita falta dunha boa carteira, desas que teñen portamoedas sitio para billetes e tarxetas, pero non quería que fose a típica súper carteira de señora, non por nada máis non me gustan...


A veces levo bolsos pequenos e tiña que caber, así que un tamaño mediano foi o ideal para min...co seu peto con cremallera e uns fuelles laterais. A tea é unha especie de loneta fina vintage.


Doume por pór a tapa do feche nunha pel de cordeiro que tiña gardada, aínda que se fose agora usaría outra máis resistente pois resultou ser algo blandiña, aínda así é a miña carteira favorita e xa levo moitos meses usándoa!


O feche metálico foi a guinda final, atopeino nunha curtidoría en Compostela e fíxenme cuns cantos!


Et voilà, a miña carteiriña de man
***Boa semana***


1/9/17

Axóuxere micho*

Un axóuxere, un ruxerruxe, un sonajero para Antón...

Apto para chuchar e achuchar!
Quedou lindiño non si?!

6/11/16

Xersei en punto bobo e cambiador portátil!!

Por fin chegou o frío!! e nós por aquí seguimos, facendo cousiñas para recén nados, esta vez para Manuel!


Tecínlle este xersei en talla 3 meses cunha lá Stop "vintage" que fora da miña nai! resultou moi suave e quentiña!!

O patrón é dunha soa peza con dobre abotonadura no pescozo, saqueino da revista layette la droguerie, coma támen este outro.

Para rematar tamén lle cosín un cambiador de cueiros portátil cunha tea como de panilla fina por fóra, e de toalla de bambú máis lámina impermeable por dentro.

***A abrigarse!!feliz semana!!***




                                             


3/11/16

Máis guitarras de tea *

Ola! Hai un tempo que me encomendaron facer unha mini guitarra de tea para un bebiño, tiña que ser pequecha para caber na maleta de man dun avión con destino Alemaña!
Elexiron o modelo de guitarra que viran aquí e pedíronme que fose rollo heavy, ademais personalizámola poñendo as iniciais do cativo...




***Por certo, feliz samaín!!***








7/8/16

Bolso paxaro*

Menudo veranillo temos polo norte!
Paso rapidiño con este  bolso 4 en 1...aínda din voltas para deseñar un patrón sinxelo pero con moitas posibilidades de combinación de cores e formas de poñelo!


Por aquí no porto con Carmen, sacando unhas fotos diante das redes de pesca...(graciñas bonita!)



Do dereito...


Do revés...


O paxaro por fin voou, e foise nada menos que a Francia!!


Au revoir paxariño!!

 Plugin for WordPress, Blogger...