4/4/16

Bolsa Ioga Iyengar

Este ano comecei a ir a clases de ioga e estou súper encantada, pero resulta que non é ir cunha esterilla e listo, senón que no ioga Iyengar imos cargadiños de mantas (ata cinco!) bloques de madeira, cinturón, cordas, antideslizante... vaia que senón mo explican ben penso que son unha panda de sado-maso...
Entón a cuestión era como levar todo iso dunha soa vez... pois cosendo unha macro bolsa a medida!

Usei teas de loneta cun reforzo mullido nas asas que tamén aproveitei para facer o amarre do antideslizante, pechando cunha gran cremalleira!


 No interior ademais coloquei uns petos para gardar as cousiñas pequenas...



***Namasté***




No hay comentarios:

Publicar un comentario

 Plugin for WordPress, Blogger...