9/8/13

6 vidas

 O pequeno Resti tivo unha trifulca cun gato malo malísimo...


 O veterinario díxo que tiña unha vida menos...


 Cati anda algo preocupada...


Pero Resti xa está moito mellor, ca súa camiseta pasando do colar isabelino.
Luns quitaranlle parte dos puntos.


En canto te repoñas poderás ir durmir á maceta das barbas e as herbas de namorar que tanto che gusta!

Ou a tumbarte diante da casiña do anano con Catiusca, aínda que sexa cú con cú...
Aaai michiños....

2 comentarios:

  1. Aix, pobriño! Á nosa Olivia estáselle esgotando a última... a derradeira vida, andamos sensibles por aquí, mímaos moito!

    ResponderEliminar
  2. Ola! moitos bicos para vós e para Olivia, é unha pasada canto se lles quere e o ben que nos fan eles a nós...
    Agora Resti está practicamente recuperado, non puiden contestar antes porque tíñame a dedicación exclusiva...
    Que vaia todo ben!!

    ResponderEliminar

 Plugin for WordPress, Blogger...