22/4/13

Proxecto galiñeiro!



Reutilizamos unha vella caseta de madeira á que tan só lle cambiamos o tellado e barnizamos o interior.


Aquí preparando os listóns de madeira que precisaremos para facer a estrutura: barnizámolos cunha mistura de aceite queimado e gasoil, logo de aplicar unha man por tódalas caras envolvémolas en plástico para que penetre en profundidade, despois hai que destapar e deixar que sequen, repetindo a secuencia o que consideremos necesario (2 ou 3 mans serán suficientes). Finalmente aplicamos a derradeira man sen cubrir de xeito que seque rapidamente e pasamos aos seguintes ata rematar. Que nervios...como quedará??!!


5 comentarios:

  1. E que foi do voso galiñeiro finalmente?

    ResponderEliminar
  2. Pois niso estamos, xa temos os listóns e a caseta pero queda o peor: montalo...e aínda dándolle voltas a como facer unha barreira para que non furen os cans ou os raposos...en breves porémonos co tema pois querémolo ter listo para este verán que é cando os criadores teñen medradas as galiñas piñeiras. Xa lin das vosas aventuras e desventuras...a ver a nós como nos vai!
    Saúdos e graciñas por preguntar!
    Por certo, dádeslle pienso?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Algo si, mesturado con millo, máis verde, restos de comida e o que pillan por fora que cada vez debe ser menos porque teñen todo desertizado xa :-/

      Eliminar
  3. Tede coidado, non sei si ó vran non lle faltarán meses, o digo porque non vexo moito adianto no galiñeiro., non vos desanimedes as poñedoras hainas todos os anos
    Sei que o final o vades a conseguir, e despois os oviños da casa estan de boooooooos

    ResponderEliminar
  4. hahaha, xa sabes que as cousas ben feitas levan o seu tempo! mais xa avanzamos bastante, en breves veralo noutra entradiña ou en directo :)...jeej BIKOS***

    ResponderEliminar

 Plugin for WordPress, Blogger...